{"product_id":"poesia-reunida-de-x-l-mendez-ferrin","title":"Poesía reunida de X. L. Méndez Ferrín","description":"\u003cp\u003e A figura e mais a obra de X. L. Méndez Ferrín son determinantes na historia da Galicia contemporánea. No caso da súa poesía achamos un río de longa e ás veces accidentada singradura, especialmente por causas políticas durante o período franquista, que aquí se detallan. Comeza con «Voce na néboa» (1957), que nos descobre de xeito embrionario os principais camiños do poeta, e prosegue con «Antoloxía popular» (1972), poesía cívica asinada por Heriberto Bens, poeta heterónimo do noso autor desde «Poesía enteira de Heriberto Bens» (1980). A publicación en 1976 de «Con pólvora e magnolias» é un antes e un despois na historia da literatura galega contemporánea pola apertura de horizontes que incorpora e ao seu ciclo poético cómpre engadir en «O fin dun canto» (1982). En 1994 «Estirpe» suporá un importante xiro estilístico e temático, mentres que «Contra Maquieiro» (2005) será un máis alá que pecha o conxunto. Polo medio aínda outras obras moi relacionadas coa expresión plástica «Homes e illas» (1986), «Morte de Amadís» (1989), «Erótica» (1991), «O outro» (2002) e «Albh» (2007). Neste volume inclúese tamén a súa poesía dispersa, que en parte fora xuntada polo autor en «Era na selva de Esm» (2004). Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, fixo a súa tese sobre «Bretaña, Esmeraldina» de Méndez Ferrín e a edición crítica da poesía de Rosalía de Castro. Esta edición da poesía do autor ourensán ofrece un longo estudo introdutorio, así como un detallado repertorio de notas de cada poema. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 552\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Méndez Ferrín, X. L. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411105798 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 968054\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54425965166916,"sku":"9788411105798","price":26.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110579.jpg?v=1741647096","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/poesia-reunida-de-x-l-mendez-ferrin","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}