{"product_id":"pippi-mediaslongas-nos-mares-do-sur","title":"PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR","description":"\u003cp\u003e Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga. Nesta ocasión, canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, á illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei. «Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur» publicouse orixinalmente en 1948 como colofón da triloxía formada por «Pippi Mediaslongas» (1945) e «Pippi Mediaslongas embarca» (1946). A recuperación deste clásico, coas ilustracións orixinais e restauradas de Ingrid Vang Nyman, permite seguir gozando das extravagancias desta figura icónica da literatura contemporánea: rebelde, transgresora e desclasada, simpática, independente e extrovertida, Pippi rompe estereotipos e actúa de forma contestataria fronte aos maiores. Moitos adultos -ben no ámbito da literatura, ben da educación- escandalizáronse polos xestos e comentarios do personaxe e tildárono de mal exemplo para a infancia. Sen embargo, o éxito da obra literaria foi imparable, dando lugar a unha serie na televisión sueca e varias películas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 112\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lindgren, Astrid \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484644880 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 682171\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54318644592964,"sku":"9788484644880","price":17.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848464488.jpg?v=1740247078","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/pippi-mediaslongas-nos-mares-do-sur","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}