{"product_id":"pan-galego","title":"Pan galego","description":"\u003cp\u003e Os galegos efectivamente somos en ocasións reservados, humildes e non moi dados a presumir de nada. Ata que toca falar de pan. Aí non hai reservas nin miramentos. Os galegos non temos problemas en dividir o pan en dúas categorías: o que é pan e o que non. Entre o segundo grupo atópase todo aquel pan que non sexa galego. «Iso non é pan nin é nada» é unha frase que calquera galego pode dicir ante un pan que non é galego. E é que a memoria gustativa dos nosos antepasados permitiu que hoxe en día en Galicia se atopen, para min, os mellores pans e a mellor bolaría do mundo. Lembro perfectamente o día que lle comentei a alguén que ía facer un libro sobre o pan galego. -Ah, pero o pan galego dá para un libro Sorrín de orella a orella e non dixen nin si nin non. -Non o sabes ben. O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia. De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia. Porque o pan galego non é un, son moitos. O pan galego é un territorio inabarcable, inmenso. E se non me cres, abre o libro porque cho vou demostrar. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 256\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Lavandeira, Edu \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788411105026 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 937013\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54753115930948,"sku":"9788411105026","price":23.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110502.jpg?v=1746040020","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/pan-galego","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}