{"product_id":"os-tempos-e-o-clima-de-galicia","title":"OS TEMPOS E O CLIMA DE GALICIA","description":"\u003cp\u003e Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia?  Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras preguntas relacionadas co clima de Galicia e os diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explícase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio: as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, o arco da vella etc. A través de exemplos concretos, analízanse tamén os riscos climáticos que afectan regularmente a Galicia, como vagas de calor, temporais de neve, cicloxéneses explosivas e temporais de choiva e vento, tormentas, secas, tornados... Tamén poderás coñecer como está a cambiar o clima da nosa comunidade debido ao quecemento global e cales son os escenarios de futuro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 160\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Martí Ezpeleta, Alberto;Taboada, Juan José \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491215066 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 660689\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54316422791492,"sku":"9788491215066","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121506.jpg?v=1740214973","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-tempos-e-o-clima-de-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}