{"product_id":"os-suicidantes","title":"Os Suicidantes","description":"\u003cp\u003e Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 112\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ameixeiras, Diego \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411104395 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 919936\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54414581006660,"sku":"9788411104395","price":18.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110439.jpg?v=1741450657","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-suicidantes","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}