{"product_id":"os-santos-nunca-dormen","title":"Os santos nunca dormen","description":"\u003cp\u003e Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas.  Os santos nunca dormen actualiza mitos e lendas de noso coa intención de esculcar na procura da identidade e da descuberta real do pasado. Unha novela enraizada nun universo literario e bíblico moi rico, cheo de simbolismo, onde se reflexiona sobre o que é distinto e diferente, sobre os modos de exercer o poder ou sobre as dimensións da solidariedade e do amor. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 256\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  González Costa, Teresa \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499146300 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47276455133508,"sku":"301440","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849914630.jpg?v=1698494739","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-santos-nunca-dormen","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}