{"product_id":"os-irmans-de-america","title":"Os irmáns de América","description":"\u003cp\u003e En setembro de 1907 un grupo de emigrantes do Valadouro e de Alfoz na Habana crearon a sociedade El Valle de Oro. O obxectivo principal desta entidade era edificar escolas e mellorar a instrución nos concellos de Alfoz e O Valadouro. Entre 1921 e 1933 esta sociedade inaugurou catro edificios escolares, axudando tamén economicamente á construción doutras escolas e á dotación das mesmas. Non obstante, ademais do obxectivo escolar, outras foron as angueiras de El Valle de Oro: a mellora das igrexas e a axuda ao agro estiveron tamén entre as súas misións.Este libro pretende seguir as pistas deste labor a través das pegadas que deixou na prensa. Nas primeiras décadas do século XX a emigración formaba parte da paisaxe cotiá de Galiza. Porén, agás excepcións, a imaxe que chegou a nós da emigración é basicamente negativa. Neste traballo arredámonos desta percepción, para considerarmos a emigración galega -a través do caso do Valadouro- como un proceso histórico que achegou moitas oportunidades para Galiza, axudando á súa modernización e mesmo á súa construción nacional. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 208\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Prudencio Viviero Mogo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875420 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 771101\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54338496725316,"sku":"9788484875420","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487542.jpg?v=1740485377","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-irmans-de-america","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}