{"product_id":"os-estados-e-imperios-do-sol","title":"Os Estados e Imperios do Sol","description":"\u003cp\u003e Os Estados e Imperios da Lúa -xunto con Os Estados e Imperios do Sol- conforman a longa viaxe de Cyrano polo Outro Mundo. Na segunda parte, a descrición do autor tradúcese nun texto fortemente simbólico no seu percorrido polas terras iluminadas e máis opacas do Sol. Considerada como unha das primeiras obras do xénero literario de ciencia ficción, é fundamentalmente unha obra de crítica ideolóxica inzada de disertacións sobre o universo, a materia, os sentidos e a ética, a través das que Cyrano fustriga os vicios da súa época e toma partido polas concepcións máis avanzadas da ciencia e da filosofía. Publicados postumamente en 1657 e 1662, os textos das viaxes permaneceron censurados durante máis de dous séculos. Enxeñoso, poético e imaxinativo, a ironía do autor é constante e mordaz, sementada entre magníficas descricións con ingredientes alquímicos e requintadas alegorías nunha escrita plenamente barroca. Cyrano de Bergerac forma parte, no século XVII, dese movemento libertino que prefigura a potente maré do XVIII, da filosofía das Luces, a ampla vaga que traerá os principios do Laicismo e da Revolución. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 154\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2010.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  RINOCERONTE EDITORA S.L. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Cyrano de Bergerac \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788417388461 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 730397\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54328007295300,"sku":"9788417388461","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841738846.jpg?v=1740394164","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-estados-e-imperios-do-sol","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}