{"product_id":"os-ensaios","title":"Os ensaios","description":"\u003cp\u003e Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandes creacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en 1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxito editorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, que combina o discurso filosófico coa confesión persoal e autobiográfica e toda clase de digresións, serviu de modelo para autores posteriores e instaurou un novo xénero. Montaigne non aspira a construír un sistema filosófico e nin sequera se pretende filósofo;recea de todo dogmatismo e busca na filosofía unha moral práctica orientada a aprender a vivir o máis felizmente posible. A maior parte desta escolma vén ocupada pola Apoloxía de Raymond de Sebonde, reputado como o máis filosófico dos ensaios, mostra singular do escepticismo humanista precartesiano. No titulado Que filosofar é aprender a morrer, servíndose de temas e motivos de tradición estoica, Montaigne recomenda a meditatio mortis como fórmula para aprender a vivir. No que leva o título de Da educación dos fillos expón as súas ideas acerca da educación, que fan del un precursor da pedagoxía moderna. O titulado Dos caníbales, que amosa o impacto provocado pola descuberta do chamado Novo Mundo, é tamén un texto precursor, neste caso da antropoloxía social. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 387\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  SPA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Montaigne, Michel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788416533701 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 500019\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47290293616964,"sku":"9788416533701","price":15.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841653370_7f9e7b47-3fb5-48b6-a9c6-fa10f7cbb2b7.jpg?v=1739973268","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-ensaios","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}