{"product_id":"os-corpos-inscritos-e-os-textos-escritos","title":"Os corpos inscritos e os textos escritos","description":"\u003cp\u003e O xénero foi tradicionalmente o obxecto de intercambio, o obxecto devido en mercadoría. O xénero, en tanto que conformación sexual cultural e en tanto que tecido (téxtil), fixo recaer ou axudou a atribuír a condición subalterna sobre a conformada feminidade. Elas son o xenérico, o Outro difuso, mentres que a masculinidade hexemónica se apropiou da condición de suxeito que ostenta o logos, a capacidade racional, a palabra articulada. Elas foron as encargadas de tecer as inscricións, que eles enunciaron, no tecido cultural. Ao suxeito hexemónico recoñecéuselle a alma racional, aos suxeitos subalternos cedéuselles a \"phoné\", a voz, propia da alma sensitiva, que non pode decidir o que é xusto ou inxusto, ou entre o ben e o mal. A voz d@ subaltern@ non pode decidir sobre a lei social, non pode escribir a palabra social, pero si debe manifestala no seu corpo, exercer a función subalterna de reproducir, de inscribir o ditado. Inscribíronse corpos, escribíronse textos. Atravesando a antropoloxía, a moda, a arte, a literatura e o mercado, proponse a deconstrución do xénero, vinculándoo a unha certa emancipación cultural. \"Os corpos inscritos e os textos escritos\" combina a análise filosófica coa creación literaria en forma de relatos, mesturando xéneros e, finalmente, desfacéndoos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 152\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Beceiredo, Rebeca \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411101578 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 858004\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54373158453572,"sku":"9788411101578","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110157.jpg?v=1740850550","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/os-corpos-inscritos-e-os-textos-escritos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}