{"product_id":"orion-e-os-animais-magos","title":"Orión e os animais magos","description":"\u003cp\u003e Orión nunca se separa do seu dono Isidro, un músico ambulante que tocaba o acordeón na praza da torre do reloxo. Orión era un can pequeneiro, de cor castaña clara e raza indefinida, un can de palleiro de mirada moi amigable. Un día malfadado, cando Isidro estaba tocando unha das súas pezas máis ledas, fallou unha nota e os seus brazos estricáronse de maneira extraña. O vello acordeonista quedou estomballado no chan e tivo que ser internado nun hospital. Orión viuse obrigado a fuxir da cidade, cruzando por pasos subterráneos e pontes por riba das autovías, para non acabar encerrado na canceira. Na fraga, atopará unha misteriosa caixa con gravados chineses nunha cova, e comprobará que os animais que alí viven senten tamén moita curiosidade por saber qué contén. Ningún deles é quen de imaxinar as cousas tan abraiantes que empezarán a ocorrer na fraga...\"Orión e os animais magos\" do catalán Joán Manuel Gisbert é unha novela protagonizada por personaxes animais que falan con palabras humanas e protagonizan escenas intensas e emocionantes. Como en obras anteriores de Gisbert, nesta deliciosa novela van aparecendo aos poucos enigmas e misterios que se van dilucidando ao longo da historia;acontecementos que contarán coa presencia, en moitos momentos, do marabilloso e do inexplicable, máis en concreto, feitos relacionados coa maxia escénica e as artes do ilusionismo. Fantasía e misterio mestúranse nunha obra, ilustrada de xeito realista por Francisco Solé, que con toda naturalidade e mediante unha linguaxe sinxela e precisa é quen de situar ao lector nun mundo onde os animais falan, maquinan e senten. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 136\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2003.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Gisbert, Joan Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483022177 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242916954436,"sku":"89214","price":9.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848302217.jpg?v=1697826610","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/orion-e-os-animais-magos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}