{"product_id":"obediencia","title":"Obediencia","description":"\u003cp\u003e Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control sobre todo o territorio agás a capital, Compostela. A cidade é centro dunha puxante economía que se contrapón á mísera Alemparte, un deserto salvaxe sen regulamento democrático. Nunha residencia de Compostela para científicos con problemas piscolóxicos, está ingresada Elba Mácara, unha paciente con crises de amnesia que cre prever o destino mediante cálculos matemáticos. Cando menos o agarda, Mácara consegue fuxir para refuxiarse na Alemparte, un ermo salvaxe onde ten base o grupo resistente Alogon. Cunha enorme forza creadora, utilizando unha linguaxe que evoca as imaxes do cinema de ciencia ficción, Lopo vai introducir os lectores e as lectoras en paisaxes imprevisibles, inzadas de mutantes, salteadores e traficantes de alcaloides. En Obediencia, a intriga desenvólvese freneticamente en torno a unha obsesión: descubrir a posición de Lef, un número natural perdido na memoria dos tempos... A loita polo poder e polo control da mente tampouco queda fóra desta singular e apaixonante novela de aventuras na que os protagonistas viaxan por unha Galicia sorprendente. Premio García Barros 2010 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 352\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2010.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lopo, Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498653182 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 183254\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54268851323204,"sku":"9788498653182","price":23.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865318.jpg?v=1739679301","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/obediencia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}