{"product_id":"o-viaxeiro-perfecto","title":"O viaxeiro perfecto","description":"\u003cp\u003e Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma.  Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 204\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2019.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  García Campos, Iván \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491514237 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 687049\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54319059304772,"sku":"9788491514237","price":18.4,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151423.jpg?v=1740254546","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-viaxeiro-perfecto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}