{"product_id":"o-tigre-na-boca-do-lagarto","title":"O tigre na boca do lagarto","description":"\u003cp\u003e Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a loucura irrefreable do poder coas súas dinámicas absurdas e inaccesibles, e a ousadía de concibir a posibilidade de desconectalo... Estes contos narrados desde o interior da boca do lagarto, o mesmo lugar en que o tigre amosa os dentes afiados coma navallas, observan a realidade desde diferentes perspectivas, desde dentro e desde fóra, desde as teas da aparencia e desde o núcleo descarnado da rede que nos conecta e nos vixía asemade. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario. Os personaxes son carne e alento e ao mesmo tempo impulsos electromagnéticos nun metaverso caprichoso e sen regras fixas. Talvez iso somos os humanos. «O tigre na boca do lagarto» é un conxunto de historias sobre os seres humanos e os seus xogos, paixóns, impulsos e traxedias, opresións e desexos incontibles de liberación. Sobre os seus fracasos, as súas derrotas e as vitorias da existencia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 184\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Dobao, X. Antón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788411105606 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 954439\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54422769959236,"sku":"9788411105606","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110560.jpg?v=1741606377","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-tigre-na-boca-do-lagarto","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}