{"product_id":"o-tesouro-da-lagoa-de-reid-is","title":"O tesouro da lagoa de Reid ' Is","description":"\u003cp\u003e Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de Reid'Is. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid Is de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmarà), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura). \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 88\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2006.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Agra, Agustín \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497824811 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 87878\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242847256900,"sku":"9788497824811","price":11.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849782481_4f29aefc-55a1-4db9-9a04-8050d1b9980a.jpg?v=1739526174","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-tesouro-da-lagoa-de-reid-is","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}