{"product_id":"o-tempo-que-vivimos","title":"O TEMPO QUE VIVIMOS","description":"\u003cp\u003e O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a adversidade ao bordo do abismo. Nostalxia, melancolía, anhelo é a segunda secuencia e nela aparece o único retrato do autor en todo o volume: el, posto de pé sobre un trampolín, contenplando a superficie das augas dunha piscina. O terreo baleiro [laceración], a seguinte sencuencia, esculca as áreas ilusorias da mente, a fantasía, a alucinación e a propia imaxe como elementos que tamén fornecen a memoria e que, ao tempo, a disturban. Non podo deixar de ser quen son nin co que son conformarme dálle título á cuarta secuencia, que de novo nos demerxe na dimensión ilusoria da identidade. A memoria creámola xuntos \/ a viaxe é longa e rápida serve de introdución a un conxunto de imaxes sobre a inestabilidade da vida, para logo demerxenos nos efectos de Loita e traballo. O libro péchase con Onde se deposita o tempo, secuencia marcada pola serenidade, os residuos e a disolución. Trátase dun libro que nos conduce a través de visións sempre inquietantes, de gran profundidade emocional, cun discurso que non oculta as caras menos compracentes nin se recrea nas máis liviás. Ás veces aparecen labirintos, os trampaollos e a estradas que semellan perderse en sitio ningún. Son reflexos que nos hipnotizan na súa beleza ou son masas que nos estremecen no silencio da súa violencia. E case sempre, como un sedimento, está a soidade, as escintilacións, a vida... \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 126\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  CHAN DA POLVORA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Varela Fariña, Roberto \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788412222111 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 735192\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54328214978884,"sku":"9788412222111","price":29.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841222211.jpg?v=1740398194","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-tempo-que-vivimos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}