{"product_id":"o-teito-e-de-pedra","title":"O teito é de pedra","description":"\u003cp\u003e «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, chaleco, gravata e chapeu, comía na terraza do Bar Canido dúas nécoras con suma destreza e rapidez, coma se levase toda a vida manipulando criaturas minúsculas e indefensas». Deste xeito comeza «O teito é de pedra», unha novela escrita coa pel e coas entrañas da emoción para homenaxear a todas as persoas que deron a súa vida pola democracia ou que padeceron en calquera das súas formas a represión franquista. Tomando como referencia o libro «Memoria dunha parroquia republicana», de Bernardo Vázquez Acuña, Álex Alonso sitúanos nunha época en que as políticas da República permitían unha mellora da vida das clases humildes, o que era visto polas clases industriais como unha ameaza inasumible. Con personaxes baseados en persoas reais e ambientada na zona de Vigo (San Miguel de Oia, Coruxo e outras parroquias limítrofes), esta novela describe de forma maxistral e próxima os terribles feitos acontecidos durante o golpe de Estado de 1936, cando se fará cachizas unha sociedade que aínda hoxe segue en proceso de reconstrución. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 360\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2025.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Alonso, Álex \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788411106702 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 1014785\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54941287678276,"sku":"9788411106702","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110670.jpg?v=1748620952","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-teito-e-de-pedra","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}