
O spleen de París
Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire interesouse polo poema en prosa. Lembrando a Aloysius Bertrand e o seu Gaspard La Nuit, intentou «facer algo parecido, e aplicar á descrición da vida moderna, ou mellor dito dunha vida moderna e máis abstracta, o procedemento que el aplicara para retratar a vida antiga, coas súas rarezas tan pintorescas». Para realizar esta «tarefa», o poeta soñou «co milagre dunha prosa poética, musical pero sen ritmo nin rima, suficientemente flexible e contrastada como para poder adaptarse aos movementos líricos da alma, ás ondulacións do soño, aos sobresaltos da conciencia». Eses intentos deron como obra unha serie de poemas en prosa que apareceron en diversos xornais e revistas e que Baudelaire quixo reagrupar baixo o título de Spleen de París. Con estes «pequenos poemas en prosa», o poeta afonda tanto na cidade moderna, da que é o primeiro en tirar a poesía, como no seu «vómito confuso», revelando unha escrita pasional e intensa destinada a revolucionar a literatura poética. O poeta francés, retoma nestes poemas en prosa temas d'As flores do mal, como se quixera reformulalos para mergullar o lector no misterio da creación: o spleen (O reloxo), o ideal (Xa?), a muller (Retratos de amantes) e a morte. E o lector galego ten nas mans este libro de Baudelaire, traducido por Xela Arias, unidos, non só pola poesía, senón por ser ambos, seguindo a Pierre Bourdieu, unha sección autónoma da poesía francesa e da poesía galega, respectivamente.
Número de páginas: 114
Año de edición: 2021.0
Editorial: LAIOVENTO, S.L.
Idioma: GLG
Autor: Baudelaire, Charles
EAN: 9788484875178
Código interno: 750576
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
