{"product_id":"o-sono-das-sereas","title":"O SONO DAS SEREAS","description":"\u003cp\u003e XI Premio de Narrativa Breve Repsol 2017 Á beira do areal de Traba, na Costa da Morte, unha igrexa garda un segredo insospeitado e terrible. Á sombra del, ao longo dos séculos de silencio e infortunio, as mulleres dunha mesma familia padeceron a condena de seren mortas en vida. As habitantes da Casa do Soño: velaí o nome polo que a súa morada é coñecida en toda a contorna. A hisotira que se agocha detrás dese lugar é un tabú que selou bocas e soldou medos ao longo de xeracións. Ninguén fai preguntas nind á máis palabras que as que, de vez en cando, a escape, se poden coar nalgunha rexouba repregada de inmediato coa forza coa que as mareas volven ao seu lugar de orixe. Sen deixar ningún atisbo certo ao descuberto. Só a chegada de tres estraños a ese mundo pequeno e atlántico, recollido en si coma nun embigo de pedra, permitrá desvelar a verdade. Unha verdade repleta de prexuízos e de supersticións tan estrañas e inesperadas como as sereas que aduban as paredes dese templo ancorado no tempo, dentro do cal latexa a marabilla, o misterio e a maldade. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 160\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Neira Cruz, Xosé Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491510987 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 581013\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54302775673156,"sku":"9788491510987","price":17.15,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151098.jpg?v=1740046146","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-sono-das-sereas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}