{"product_id":"o-senor-dos-aneis-iii","title":"O Señor dos Aneis III","description":"\u003cp\u003e O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra;o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, sen conseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara a Orodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe ser destruído.Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de Gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó Señor Escuro.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 400\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2002.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Tolkien, J. R. R. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483029169 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 88122\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242859184452,"sku":"9788483029169","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848302916_1e4169d9-5f08-4dfc-8f30-854da79584b2.jpg?v=1739526247","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-senor-dos-aneis-iii","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}