O Señor dos Aneis III

€19,50

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra;o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. En O Regreso do Rei Frodo e Sam, na súa penosa viaxe á Terra Escura, reciben a axuda inesperada dun ser a quen coñecían só das lendas. A traizoeira criatura intenta acabar con eles para apoderarse do Anel, sen conseguilo, anque Frodo acaba en mans dos orcos, ferido. Só a cobiza deses seres detestables os salvará e lles permitirá continuar a viaxe, tortuosa e esgotadora polo sinistro deserto de Mordor cara a Orodruin, a montaña de lume na que se forxou o Anel e onde debe ser destruído.Paralelamente, no antigo reino de Gondor, rexido por mordomos que agardan a chegada do descendente do rei, desaparecido hai séculos, Aragorn demostra que pode curar coas súas mans. Este prodixio revela o seu sangue real e ábreselle o camiño ó trono de Gondor, ó mando do cal consegue derrotar definitivamente ó Señor Escuro.Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.

Número de páginas: 400

Año de edición: 2002.0

Editorial: XERAIS

Idioma: GLG

Autor: Tolkien, J. R. R.

EAN: 9788483029169

Código interno: 88122

Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.

Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.

Pídelo ya y recíbelo en 48 horas

En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.

Card Slider with Swiper
★★★★★
Buena atención al cliente, sin respuestas programadas ni frivoliadades de otro tipo. Así da gusto.
Marcos G Verified Verified
★★★★★
Gusta poder comprar en una tienda donde hablan tu mismo idioma.
Edu Verified Verified
★★★★★
Envío rápido y trato directo. Muy recomendable.
Eva L Verified Verified
El proceso de compra es sencillo y la entrega bastante rápida.
Nando Verified Verified
★★★★★
Todo perfecto, aunque estaría bien más opciones de pago. Aun así, repetiré sin dudar
Juan P Verified Verified
★★★★★
El servicio postventa es estupendo. Tuve un problema con un envío y lo resolvieron sobre la marcha.
Marta Verified Verified
Son los mismos libros que en cualquier otra tienda, pero aquí ven el mundo como yo, y eso me gusta.
Aida Verified Verified
Los libros me llegan en una caja de cartón todo fea. Todo en orden.
Andrea Verified Verified