{"product_id":"o-segredo-da-pedra-figueira","title":"O Segredo da Pedra Figueira","description":"\u003cp\u003e Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa de Rocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficos Lurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron o Gran Dragón. Na perigosa travesía avistan a Caverna dos Tesouros, que arrastra o barco ata que se desprenden de todas as xoias e amuletos, podendo logo continuar camiño co mar embravecido e néboa. Entran pola Costa da Morte e aínda que non baten coa nave pirata dos terribles Pindos, as mulleres da Illa Lobeira atraen aos homes, devorando algúns ao chegar a noite, cando se converten en lobas. Chegan por fin a Findasol, cidade á que acoden peregrinos de todo o mundo para ver morrer o sol no mar. Pero os habitantes de Tule non se afacían á cidade e instaláronse en chouzas no campo. Camiñando polo monte, Lazo atopou un día tres pedras, escoitou unha palabra tres veces e abríuselle unha cámara onde estaba unha vella vellísima: é a Custodiante do Segredo da Pedra Figueira, que contén a Sabedoría e todo o Ben. Proponlle que ela sexa a súa sucesora e viva alí illada custodiando a pedra e feliz coñecendo a Verdade. Pero ela prefire vivir a vida coas súas xentes. Aprendeu a labrar a terra e pescar e ás veces fica abstraída, porque sabe un segredo: o da Pedra Figueira. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábola contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 120\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2011.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Queizán, María Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499142142 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 196289\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54269371056452,"sku":"9788499142142","price":14.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914214.jpg?v=1739692257","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-segredo-da-pedra-figueira","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}