{"product_id":"o-sabre-do-frances","title":"O sabre do francés","description":"\u003cp\u003e Trece relatos que pretenden recuperar o mellor espírito da narrativa histórica, de aventuras e fantástica. Cunha imaxe de cuberta realizada especialmente para esta edición polo pintor Saúl Otero. Nestes relatos con forza e con ritmo, as imaxes encadéanse en secuencias case cinematográficas, ao tempo que narran, en intensas peripecias, a dramática loita dos galegos contra as tropas napoleónicas na Afrancesada de 1809. Trátase, segundo a crítica, dunha achega orixinal e afortunada a un período da historia de Galicia pouco explorado pola narrativa. En O sabre do francés, o creador da serie do detective Frank Soutelo achégase ao relato histórico combinándoo por veces coa narración de aventuras e fantástica. Moitas das historias aquí reunidas xurdiron a partir de feitos reais recollidos por cronistas e historiadores, e mesmo conservados na tradición oral, sobre todo nas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, aínda que a presenza dos invasores franceses por toda Galicia, entre xaneiro e xuño de 1809, espalla a acción dos relatos ao longo de todo o país.Dez anos despois da primeira edición, Galaxia volve publicar O sabre do francés nunha nova edición corrixida e ampliada polo seu autor, Miguel Anxo Fernández. Inclúese un relato inédito, 'A negativa do dragón Emeri Vendermot', e incorpórase 'O sangue dos Cortiña', anteriormente publicado en volume exento. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 228\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Fernández Fernández, Miguel Anxo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654233 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 230915\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47272629436740,"sku":"9788498654233","price":19.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849865423.jpg?v=1739715843","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-sabre-do-frances","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}