{"product_id":"o-rosario-e-a-buguina-premio-torrente-ballester-2020","title":"O rosario e a buguina (Premio Torrente Ballester 2020)","description":"\u003cp\u003e Premio Torrente Ballester 2020 Enfermo de tuberculose, o poeta Manoel Antonio pasa os últimos días de vida na súa casa de Asados, coa única compañía da nai, dona Pura. A morte preséntase cedo e con ela o conflito de recibir a extrema unción, que é o desexo da nai, pero o fillo négase. El tamén ten unha petición: que dona Pura consinta que lle lea o primeiro e o derradeiro poema de De catro a catro, estrofa a estrofa, para que el poida explicarlle, non ese libro, senón o sentido último da súa vida e a necesidade obsesiva de ser poeta. O rosario e a buguina novela a relación entre eles, baseada ata entón nos silencios e nas carencias afectivas, que deberán superar a pesar das súas antagónicas concepcións do mundo. A ideoloxía conservadora da nai fronte ás ideas revolucionarias do fillo, a moral cristiá en contraposición a unha vida disipada e inmatura e, por riba de todo, o amor que se profesan aínda que lles custe demostralo.  Unha historia profunda, onde se mesturan os sentimentos a través das dúas voces protagonistas do relato que se enfrontan á morte de maneiras moi distintas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 160\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Losada, Xosé Ricardo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491517283 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 777085\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54340086399300,"sku":"9788491517283","price":17.15,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151728.jpg?v=1740497421","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-rosario-e-a-buguina-premio-torrente-ballester-2020","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}