{"product_id":"o-piloto-o-ultimo-guerrilleiro","title":"O Piloto. O último guerrilleiro","description":"\u003cp\u003e O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida. Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe. Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época. O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias. Novidoso, preciso, revelador, entretido e apaixonante, é este un traballo imprescindíbel non só para saber o certo do máis famoso dos nosos guerrilleiros senón para comprender no seu contexto a guerrilla galega, a primeira en organizarse en todo o estado e a última en desaparecer. Ao mesmo tempo, é unha obra polémica pois vai facer repensar e, aínda, reescribir as liñas esenciais do que foi a loita antifranquista na Galiza, así como a súa conexión co \"novo nacionalismo\". \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 168\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2022.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  HERCULES EDICIONES \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Eiré López, Afonso \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788418966323 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 805424\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54365692461380,"sku":"9788418966323","price":14.96,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841896632.jpg?v=1740752614","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-piloto-o-ultimo-guerrilleiro","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}