{"product_id":"o-pensamento-salvaxe","title":"O pensamento salvaxe","description":"\u003cp\u003e O pensamento salvaxe ocupa un lugar nuclear no conxunto da extensa obra do etnólogo Claude Lévi-Strauss e goza, amais, dunha incuestionable influencia para alén das fronteiras da etnoloxía. O seu principal obxectivo pódese sintetizar moi breve e accesiblemente en amosar que no existe un baleriro entre o xeito de pensar dos pobos chamados primitivos e o noso. Partindo das investigacións sobre a denominada mentalidade primitiva do filósofo francés Lucien Lévy-Bruhl e o traballo do antropólogo polaco Bronislaw Malinowski, que desafiou a dicotomía salvaxe\/civilizado nos círculos académicos. Lévi-Strauss modelou, apoiándose na súa experiencia de campo no Brasil, a idea de que as sociedades ás que chamamos primitivas se rexen coma nós a través dunha atención especial ao concepto de coherencia, e que diferenzas de orde cultural entre a nosa sociedade e calquera desas que chamamos primitivas son similares ás que existen entre dúas calquera delas. A obra de Lévi-Strauss avanza nos postulados de Malinowski, nunha tentativa de comprensión da condición humana, saíndo á procura daquilo que todas as culturas temos en común. A colección Clasicos do Pensamento Universal comprácese en presenta a versión galega dun texto ousado, pioneiro e consolidado dende a día da súa primeira edición como unha lúcida reflexión e unha profunda investigación sobre os fundamentos antropolóxicos da humanidade. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 445\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Lévi-Strauss, Claude \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788417595845 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 730156\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54327986848068,"sku":"9788417595845","price":20.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841759584.jpg?v=1740393877","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-pensamento-salvaxe","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}