{"product_id":"o-paseo","title":"O paseo","description":"\u003cp\u003e O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua. Atopamos aquí, marabillados, unha voz modesta, despreocupada, feliz e xovial, fresca, confiada, agradecida e ceiba. Unha voz, a maiores, discreta e elegante. Unha voz calma, transida de tenrura, de piedade e de amor;unha voz incapaz de asumir a carga prosaica e práctica da modernidade;a voz, en fin, dun ser humano perdido, fragmentado, que se esfarela entre o conxunto das cousas pequenas e fuxidías, e, desta guisa, se libera do peso dun mundo que non recoñece nin lle ten sentido.É precisamente a este mundo noso tan estraño que Walser lle entregou O paseo, a súa idea da camiñada como ritual humilde, como arte, como pura poesía, exuberante, exaltada, intensa e evocadora, e como fonte dunha filosofía que, construída desde a beira, a insignificancia, a inseguridade e a soidade, descansa na contemplación ingrávida e demorada e conduce á fusión final coa contorna, é dicir, á difuminación, á desaparición, ao esquecemento;á disolución da dor, da angustia, do medo sempre pudorosamente silenciados. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 82\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Robert Walser \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875970 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 829778\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54371676750148,"sku":"9788484875970","price":11.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487597.jpg?v=1740813035","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-paseo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}