{"product_id":"o-osino-chispa","title":"O osiño Chispa","description":"\u003cp\u003e Un álbum tenro e divertido sobre o valor da escola, a aprendizaxe, a autonomía persoal e o sempre valioso consello dos maiores. Chispa era un pequeno oso aventureiro, alegre e decidido. Unha mañá díxolle á súa nai: Deixei a escola. Xa son maior, e quero traballar. Pero cociñar, coser, pintar a porta da casa ou fabricar unha cadeira de brazos eran tarefas máis difíciles do que Chispa imaxinaba. Tras un encontro co ancián Don Moucho, pensa que quizais non é tan mala idea volver á escola e reencontrarse cos seus amigos, aos que tanto botaba de menos. Malia que Chispa non está preparado aínda para algúns traballos, lonxe de desanimalo, os adultos permítenlle experimentar e darse conta por si mesmo das dificultades. O osiño Chispa é unha fábula contemporánea que pon de manifesto a pequenos e maiores a importancia da aprendizaxe, a autonomía persoal, a perseveranza, os sabios consellos dos maiores e a escola como lugar de formación e socialización. Rosa Osuna logra unha obra plástica que destila calidez, con multitude de detalles, trazos sinxelos e unha combinación cromática moi acertada \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 36\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Abad, José Antonio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788413432458 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 909885\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54386685247812,"sku":"9788413432458","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343245.jpg?v=1741051558","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-osino-chispa","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}