{"product_id":"o-gran-reino","title":"O gran reino","description":"\u003cp\u003e O narcisismo e a marcada competitividade de Gala, unha rapaza de catorce anos brillante nos estudos e cunha imaxinación portentosa, acaban por condenala ao abandono por parte das súas amigas. Ante esta situación, mergúllase na lectura de forma compulsiva e vai diminuíndo a súa necesidade de inxerir alimentos;dous factores que, unidos, provocan en Gala un afastamento da razón e a convicción de que o reino de Margonia está agardando por ela. Despois de sufrir un episodio grave de saúde, os pais ingrésana nunha unidade somática onde establecerá unha relación moi especial coa psiquiatra Lourdes Regueiro, quen se converterá na súa confidente, na única persoa que terá acceso ao Caderno Vermello de Gala. A doutora deberá descifrar, entón, o enigma da pedra fractal, descrito neste caderno onde aparecen as características dos catro reinos que conforman Margonia.  Unha novela de engaiolante lectura dende a primeira páxina até o seu sorprendente desenlace. Unha intensa narración dunha vida adolescente marcada pola anorexia, a loucura e a falta de cariño dos pais. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 416\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2014.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Santiago Soto, Eduardo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788499147383 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 319768\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47277802783044,"sku":"9788499147383","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849914738.jpg?v=1739808371","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-gran-reino","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}