{"product_id":"o-exiliado-e-a-primavera","title":"O exiliado e a primavera","description":"\u003cp\u003e Alexandre Marrube, un galeguista exiliado en México, retorna a súa cidade natal, despois de case corenta anos de ausencia, para asistir ao enterro da súa nai. Naqueles días, o exiliado atoparase cunha comunidade despolitizada que apenas lembra nin a guerra nin os anos da fame e nin sequera posúe conciencia de que vive na ditadura. Marrube enfrontarase tamén a unha familia, que apenas o recoñece (sexa a súa irmá ou o seu cuñado, o maxistrado, que quedaron en Galicia sobrevivindo), e a un mozo, militante antifranquista con quen ten dificultades de empatar o seu discurso político. Alexandre Marrube regresa a Galicia intentando atopar ou reconstruír o seu mundo perdido, aínda que coa desolación de se decatar de que todo é inútil, imposible, pois os seus ollos chocan cunha sociedade apática e desmemoriada, á que non entende, pero satisfeita cun precario, pero novidoso, consumismo. \"O exiliado e a primavera\" a novela de Manuel Veiga gañadora do Premio Xerais 2004 é unha obra vigorosa, escrita con vontade de estilo e capacidade evocadora, que abre varios frontes de debate e interese para un público amplo. A confrontación do exiliado cunha Galicia que apenas lembra o tempo da República. A relación do exiliado cos que deberían de ser os seus herdeiros, os xoves militantes antifranquistas dos sesenta e setenta, na medida que atopa que en boa medida non se recoñece neles e eles tampouco o fan nel. E por último, a polémica entre o exiliado que regresa e os amigos que quedaron no interior e que viven máis ou menos satisfactoriamente nestes derradeiros anos da ditadura (a novela está ambientada en tres meses do ano 1974): as razóns de uns e outros están expostas na novela con sinceridade e realismo, unha discusión que aínda latexa hoxe en cada familia. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 144\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Veiga, Manuel \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788497822022 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242887823684,"sku":"88724","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849782202.jpg?v=1697826345","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-exiliado-e-a-primavera","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}