{"product_id":"o-espello-do-mundo","title":"O espello do mundo","description":"\u003cp\u003e Martiño recibe o encargo de desentrañar os contidos duns documentos de moita antigüidade que teñen que ver co devir histórico dun convento de monxas denominadas «onas». Neles emerxe Ona Guiomar, a abadesa de San Pedro de Ramirás, que mantén unha enigmática correspondencia co estranxeiro.  O espello do mundo, primeira novela de Ramón Nicolás, presenta un feitío de novela histórica, incorporando textos de orixe documental, que por veces son pura fabulación e outras non, ao servizo do deseño dunha época esvaecida na historia de Galicia que cobra, agora, unha nova perspectiva.  A conexión coa trama histórica, enraizada no cenobio feminino de San Pedro de Ramirás (Ourense), vincúlase, ideolóxica e espiritualmente, con determinadas correntes relixiosas da Alemaña da época e particularmente coa figura de Hildegarda von Bingen. A esta realidade asómase Martiño, quen deberá afondar na revelación dos segredos que se atesouran nunha relación epistolar inédita con contidos altamente reveladores. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 192\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Nicolás Rodríguez, Ramón \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491210511 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 479228\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54286870348100,"sku":"9788491210511","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121051.jpg?v=1739901125","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-espello-do-mundo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}