{"product_id":"o-enigma-de-santiago","title":"O enigma de Santiago","description":"\u003cp\u003e Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 Coincidindo cunha das moitas viaxes de seu pai, Samuel Ron entra en contacto con Sara Santiso, unha estudante de xornalismo que está a investigar un enigma vencellado coa historia de Compostela. Algo que puxo en perigo a vida de Xoán, un amigo de Sara, quen, tras afondar en documentos descoñecidos, descubriu a existencia dunha trama que converte a Santiago nunha das capitais do tráfico clandestino de reliquias. O valor deses obxectos, e as súas lucrativas ganancias, fan que algúns, uns poucos poderosos, sexan quen de todo con tal de manter os seus privilexios. Mais tamén están André e o seu can Bretón. André vive na cidade desde hai uns meses, tocando polas rúas na procura dun lugar no mundo. Xuntos intérnanse nunha aventura inesperada e fascinante: a que pon en contacto dúas épocas para descubrirnos que, con independencia dos tempos, os seres humanos actúan sempre dun xeito semellante. Para ben e para mal. Quizais porque, en realidade, o tempo non existe. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 210\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2021.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Neira Cruz, Xosé A. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491517245 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 774592\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54339370484036,"sku":"9788491517245","price":15.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849151724.jpg?v=1740492389","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-enigma-de-santiago","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}