{"product_id":"o-curioso-mundo-das-persoas-normais","title":"O curioso mundo das persoas normais","description":"\u003cp\u003e O autor de Un tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha existencia moi diferente á habitual. Porque, cando os actos cotiáns responden a motivos absurdos, a normalidade convértese no máis sorprendente. Cunha boa dose de humor e ironía a última novela Xosé Monteagudo vai descubrindo devagar os múltiples paradoxos da existencia. Nun relato que percorre boa parte da historia do século vinte a través da mirada dun personaxe singular no que a tenrura convive coa agudeza e as limitacións do corpo coa liberdade máis furiosa do pensamento. A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra mais non é esa mesma historia exactamente, tal como explica o autor ao final do libro: \"En abril do 2010 diversos medios de comunicación deron a noticia de que un enfermo de 79 anos de idade acababa de falecer no Hospital Provincial de Pontevedra. A persoa en cuestión non tivera vida pública. O sorprendente do caso (e o motivo polo que a nova saltou aos medios) era que o falecido pasara os últimos setenta e sete anos da súa vida confinado entre as paredes do Hospital Provincial de Pontevedra.\" Ata aquí os trazos fundamentais da persoa na que está inspirado o personaxe principal de O curioso mundo das persoas normais, segundo conta o autor na nota final da novela, que parte desta historia real para contar unha historia de ficción a través da cal a realidade se contempla dun xeito diferente.A nova novela de Xosé Monteagudo conta unha historia sorprendente, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 136\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2012.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Monteagudo, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498654592 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47274250862916,"sku":"251833","price":14.2,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978849865459.jpg?v=1698444759","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-curioso-mundo-das-persoas-normais","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}