{"product_id":"o-couto-mixto-aspectos-folcloricos","title":"O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS","description":"\u003cp\u003e Título: O COUTO MIXTO. ASPECTOS FOLCLÓRICOS.Subtítulo: RELATOS, CONTOS E LENDAS DE TRADICIÓN ORAL.Atopar un tesouro é sentir a emoción de enlazar o presente co pasado máis valioso. Así é o traballo de José Rodríguez Cruz, un tesouro que recupera o patrimonio esvaecido do mundo máxico do Couto Mixto, da súa cultura sentimental.Na noite estrelecida galega aparece este fermoso libro que recolle anacos da Antropoloxía cultural e das lendas deste recuncho do mundo raiano, galego-trasmontano. Sen el, o Couto Mixto quedaría eivado do seu máis xenuíno relato, o das historias e contos tantas veces repetidos ao quente do lume duns rachóns de carballo. Retorna así o arrecendo íntimo das casas que un día tiveron gravadas nas lumieiras das portas, o \"E\" de España, o \"G\" de Galicia ou o \"P\" de Portugal. A teimosía das metrópoles, hispana e lusa, por esnaquizar os dereitos seculares das xentes do Couto Mixto, deu na desaparición destes sinais.Este territorio bretemoso -que para os seus moradores naceu dunha lenda, o favor dos veciños a unha raíña fuxida que deu a luz na invernía, ao amparo da calor da veciñanza- tamén comparte cos pobos da contorna o patrimonio inmaterial e xenético da Raia fronteiriza.Luís Manuel García Mañá \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 86\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  José Rodríguez Cruz \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874072 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 615485\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54310077628740,"sku":"9788484874072","price":10.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487407.jpg?v=1740131595","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-couto-mixto-aspectos-folcloricos","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}