{"product_id":"o-coloso-de-marusi","title":"O coloso de Marusi","description":"\u003cp\u003e Tradución do inglés de María Alonso Seisdedos.«Na terraza elevada de Amarusio, mentres a luz dos outros mundos empezaba a perder o brillo, captei a vella e a nova Grecia na súa suave translucidez e así se conservan ambas na miña memoria. Decateime nese instante de que non hai nin vella nin nova, só Grecia, un mundo concibido e creado a perpetuidade. O home que falaba deixara de ser de tamaño e proporcións humanas, convertérase nun coloso cuxa silueta se esfumaba para diante e para atrás co roncar grave e rítmico das súas oracións narcóticas.»En xullo de 1939, tras vivir nove anos en París e ante a ameaza da inminente invasión de Francia pola Alemaña nazi, Henry Miller acepta o convite do seu amigo Lawrence Durrell e, tras unha breve excursión pola Dordoña, parte para Corfu, Grecia, onde este reside. Ata o 27 de decembro dese mesmo ano, cando regresa aos Estados Unidos por orde das autoridades norteamericanas, percorrerá o país e entrará en contacto coas súas xentes, establecendo lazos duradeiros de amizade entre outros co poeta Geórgios Seferiadis e o espléndido narrador oral George Katsimbalis.O coloso de Marusi, escrito en 1940 en Nova York, é un diario inclasificable desa descuberta de Grecia e dos gregos, unha mestura de reflexións e descricións (de persoas e paisaxes), entre o poético e o prosaico, salpicado, por contraste, de críticas feroces a todo o que o autor detesta do seu país, e que suscitará en quen o lea hoxe fascinación e sen dúbida tamén, nalgunha pasaxe concreta, rexeitamento, pero, sobre todo, é unha lectura que deixa pouso vivo e fermentable \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 236\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Miller, Henry \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876908 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 969731\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54426211844420,"sku":"9788484876908","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487690.jpg?v=1741651076","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-coloso-de-marusi","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}