{"product_id":"o-codice-esmeralda","title":"O códice esmeralda","description":"\u003cp\u003e O achado dun antigo manuscrito familiar embarca a Xacobe nunha investigación que o retrotrae aos tempos da batalla de Rande. Xan Bieito, un antepasado seu, fora grumete na frota de Nova España e relatara as peripecias da longa viaxe, ademais da histórica batalla naval de 1702 na Ría de Vigo. O manuscrito deixaba entrever a existencia dun tesouro oculto, protexido por un estraño enigma que deberían resolver os seus sucesores. A busca das claves para esclarecer o misterioso segredo mergulla a Xacobe nunha aventura sorprendente na que vai descubrindo a recóndita personalidade do seu devanceiro, envolta en novos enigmas.  Mais ao protagonista asáltano uns estraños soños simbólicos que se entrelazan coa realidade e cun mundo que descoñece, creándolle unha enorme confusión que o impulsa a afondar máis na investigación. Emporiso, o que busca Xacobe, axudado polo seu amigo Elphi, é en realidade un antigo códice maia, gardián dun arcano marabilloso, que os levará a desprazarse por toda a Ría de Vigo percorrendo un camiño iniciático no que irá sacando as capas de cebola que ocultan a realidade. Trepidante novela de intriga, O Códice esmeralda supón un engaiolante achegamento á historia da batalle de Rande, un dos episodios galegos nos que cómpre afondar. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 424\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2017.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Blanco, Alberte \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491211594 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48448207651140,"sku":"525023","price":21.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121159.jpg?v=1715160662","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-codice-esmeralda","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}