{"product_id":"o-clan-das-barbies","title":"O clan das barbies","description":"\u003cp\u003e Un tempo futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global. Dúas mulleres e un home na sala de espera da Clínica Eva. Non se coñecen, pero ese encontro fortuíto será o inicio dunha amizade xurdida da desesperación e da carraxe. Alma naceu no Norte porque seus pais, recrutados desde o continente africano, remataron traballando nunha das milleiros de granxas abandonadas que había. Carla fixo o posible por salvar unha nai que xamais coñeceu e un pai que marchou demasiado cedo. An tivo que loitar desde ben pequeno contra as expectativas que o resto da xente deitaba sobre el. Estas tres vidas, e todas as que con elas arrastran, entretécense ata que as costuras non dan máis de si, rebentando de forma violenta e dando paso ao que realmente agochaban debaixo: vinganza. Antía Yáñez proponnos, a través da historia deste clan de subalternas, un antídoto cheo de furia e sororidade co que facer fronte á precariedade e á discriminación. A violencia nunca é a solución. Ata que o é. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 216\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2024.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Yañez, Antía \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788411106078 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 980192\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54403196289348,"sku":"9788411106078","price":19.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841110607.jpg?v=1749503383","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-clan-das-barbies","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}