
O cervo na torre
Segundo as propias declaracións do autor:Eu decateime de que o meu era escribir sempre o mesmo libro, un libro composto de moitos libros que en verdade son só capítulos. Este " capítulo " é distinto dos outros en bastantes cousas. Por exemplo nas estratexias narrativas, no uso inevitable do presente histórico, na complexidade dunha narración que pretendín disimular baixo unha forma de contar aparentemente sinxela, fácil de ler. Pero por enriba de todo hai unha unidade poética profunda, principalmente con Galván en Saor, con Vidas senlleiras, e mesmo co meu último libro de poemas, Canta de cerca a morte.Cando a defensa da verdade social, a lealdade entre as persoas e a capacidade de entrega a calquera causa que vaia máis alá do inmediato interés persoal non está de moda, Darío Xohán Cabana fainos volver a ollada cara un tempo ideal no que os colectivos humanos recuperan as formas de traballo que respetan a natureza, ou son quen de se uniren para loitar contra concepción s perversas do mundo.Unha fermosa historia que aposta valentemente pola posibilidade da utopía, polo triunfo dos ideais... que rescata e recupera nestes momentos as ideas básicas de fraternidade, de liberdade e igualdade, que foron estandarte da Revolución francesa. (Xulia Díaz, COPE)o cervo na torre abre para o lector un territorio narrativo vasto e xeneroso, caracterizado polo vigor con que Darío Xohan Cabana sabe dotar o verbo de vida literaria plena, fermosa e singular.Estamos diante dunha obra que engaiola ó lector dende o principio, que prende nun e que non nos permite acougo ata que non chegamos á fin. E que o fai demostrándonos a todos a forza expresiva e a grade riqueza da lingua galega, coa que nos vai metendo dun xeito transparente, cristalino, por un mundo fantástico. (Xulia Díaz, COPE)
Número de páginas: 130
Editorial: XERAIS
Idioma: GLG
Autor: Cabana, Darío Xohán
EAN: 9788475078557
Código interno: 88600
Estamos plenamente orientados a la satisfacción de nuestros clientes. Si por cualquier motivo no tienes una experiencia positiva, nos lo dices y buscamos una solución. A diferencia de nuestros políticos, nosotros sí nos hacemos responsables.
Gastos de envío gratuitos en pedidos superiores a 29€.
Pídelo ya y recíbelo en 48 horas
En librería Matrix defendemos la libertad de expresión y de pensamiento como elementos fundamentales para la existencia de una sociedad libre y justa. Por desgracia, son muchos los que confunden esta libertad de expresión con la falta de educación… A estos cabría recordarles lo que le dijo el tío Ben a Peter Parker (Spider Man):“Un gran poder, conlleva una gran responsabilidad”.
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
Verified
