{"product_id":"o-camino-das-mazas","title":"O camiño das mazás","description":"\u003cp\u003e Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen... ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso. Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro. Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: ?as palabras son música? e ?un mundo mellor empeza cunha bonita historia?. Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 40\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2020.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  OQO \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Estrella Ortiz \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788498716153 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 702711\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54322637865284,"sku":"9788498716153","price":14.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849871615.jpg?v=1740309929","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-camino-das-mazas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}