{"product_id":"o-benshi-de-galicia","title":"O BENSHI DE GALICIA","description":"\u003cp\u003e O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita... e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público de emigrantes galegos, principalmente os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. O Benshi..., que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 232\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2023.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  ALVARELLOS EDITORA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  González Álvarez, Manolo \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788418567445 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 910298\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54386819006788,"sku":"9788418567445","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841856744.jpg?v=1741052823","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-benshi-de-galicia","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}