{"product_id":"o-bandido-casanova","title":"O bandido Casanova","description":"\u003cp\u003e Nesta primeira e sorprendente obra de Hixinio Puentes reconstrúese de forma novelada a historia de Mamede Casanova, alias Toribio, o bandoleiro galego de máis sona do século XX. Mamede Casanova volve ó mundo como peoneiro nas obras do ferrocarril A Coruña-Zamora, no comezo da Segunda República, relembrando as diversas secuencias da súa historia, coma se un malfadado sino o empurrase cara a desventura para facerse presente na desesperanza. O protagonista dos feitos, que fixeron correr ríos de tinta na prensa galega da época e mesmo inspiraron a plumas famosas, narra demoradamente en primeira persoa os acontecementos da súa vida, dende o seu nacemento en Grañas do Sor, Mañón en 1883, ata que é indultado o 28 de novembro de 1928, despois de que lle fose conmutada a pena de morte pola cadea perpetua, que o levaría durante vintecinco anos de cárcere en cárcere (Santa Marta de Oritgueira, tralos primeiros roubos, o Parrote da Coruña, Santoña, Ceuta, San Miguel de los Reyes-Valencia, Figueres... O longo das máis de duascentas páxinas, de lectura engaiolante, o lector irá desvelando as peripecias da fuxida do bandoleiro dende os seus primeiros roubos, a morte de Manuela, a criada do cura, ata que cae na trampa que lle arma o cura do Freixo pola que é prendido. Hixinio Puentes, bo coñecedor da historia do bandoleirismo en Galicia, reconstrúe nesta obra de acción as andanzas temerarias deste Casanova en potencia, ó tempo que recrea diversos tipos humanos, a paisaxe montañesa da bisbarra de Ortigueira, o tránsito carcerario ou o aparato xudicial, dbuxados con acedos trazos e imaxes esperpénticas.O bandido Casanova é unha novela picaresca, ó xeito do Lazarillo ou o Buscón, narrada nunha prosa magnífica, onde salienta a utilización dunha lingua de raíz, enchida de xiros populares, e presencia do humor cercano, ás veces, ó de Fernández Flórez. E tamén a destacar a coidadosa reconstrucción histórica da Galicia en tránsito do Unha grande primeira novela dun narrador maduro. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 272\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Puentes, Hixinio \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483025451 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242882318660,"sku":"88644","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848302545.jpg?v=1697826295","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/o-bandido-casanova","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}