{"product_id":"nura","title":"Nura","description":"\u003cp\u003e \"Comecei a escribir \"Nura\" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo volume. \"Nura\" é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa \"Terra de lume\". Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Condo construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundir os vellos ecos da tradición coa voz da modernidade. \"Nura\" é un canto de amor á Menorca que coñecín de neno e agora, máis afectada polo turismo, dóeme, amo e levo dentro do meu corazón. Nomeadamente cando saio da illa. E teño saudade. \"Nura\" é o intento de versear con palabras toda unha serie profunda de inquedanzas e preocupacións, lembranzas, desasosegos. Nura é un salmo, unha cantata, un oratorio, un réquiem. Un tratado menorquín de illomanía por mor de que poidamos salvar as palabras, poetiza-lo mundo e facer moito máis humana a vida.\" Ponç Pons \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 78\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Ponç Pons \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484876663 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 957308\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54282489561412,"sku":"9788484876663","price":12.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487666.jpg?v=1741611410","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/nura","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}