{"product_id":"novoneyra-celso-emilio","title":"Novoneyra\/ Celso Emilio","description":"\u003cp\u003e Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplo propósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, a analizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el;en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xénero ensaístico, nun xogo de ida e volta entre a análise minuciosa e a reflexión sobre o literario;en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que os textos nacen, tarefa esta máis premente cando a literatura constituíu e constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción da identidade de Galiza e na súa proxección universal. Por tanto, este traballo querería ser útil para calquera lector interesado na literatura e a cultura contemporáneas, para o investigador ou o especialista e, con certeza, para o profesional do ensino que queira beneficiarse dun traballo con efectiva aplicación á hora de axudar a ler, comprender e facer gozar estes textos aos seus alumnos, no ensino medio ou universitario. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 240\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel Castelao Mexuto \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484875758 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 806444\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54365847388484,"sku":"9788484875758","price":8.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487575.jpg?v=1740754729","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/novoneyra-celso-emilio","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}