{"product_id":"novas-cronicas-dunha-transicion-intransixente-1977-1988","title":"NOVAS CRÓNICAS DUNHA TRANSICIÓN INTRANSIXENTE (1977-1988)","description":"\u003cp\u003e Imponse trazar unha liña unívoca, bidireccional, entre as prosas ou cró¬nicas que viron a luz en El País pontevedrés ata as contidas en Crónicas de una transición intransigente e que, sen dúbida, se estenden até as compiladas neste libro pois o humus que as sustentan é idéntico: escrita entendida como intervención pública, como medio de evidenciar aquilo que resulta máis palmario nunha dirección que asume os presupostos ideolóxicos da esquerda e do marxismo, como precisa e necesaria esi¬xencia persoal para reivindicar a propia esencia da liberdade creativa e de opinión que, no seu caso, supón, un indiscutible retorno ás raigames da concepción do que é o xornalismo para el, isto é, un exercicio dominado pola filosofía da subversión, pola oposición aos desmáns do poder, polo desexo de converterse nun medio de coñecemento e de difusión dos valores da xustiza e da solidariedade. [...]Ao meu xuízo, o máis interesante destas prosas é sempre ese arrecen¬do de inconformismo cos tempos que vive e que expón desde unha dia¬léctica extraordinaria, sen deixar de recorrer ás veces ao exabrupto para axitar conciencias. Lueiro sempre di todo explicitamente: mostra o seu desacordo coa dirección que colleron as cousas desde a reforma política, amosando unha seria e sustentada desconfianza respecto do rumbo que ían adquirindo tanto a situación política galega como a española. (Do prólogo de Ramón Nicolás) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 126\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2016.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Manuel Lueiro Rey \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873198 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 471747\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47283940688196,"sku":"9788484873198","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487319.jpg?v=1739896645","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/novas-cronicas-dunha-transicion-intransixente-1977-1988","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}