{"product_id":"non-e-unha-caixa-e-unha-cidade","title":"Non é unha caixa, é unha cidade","description":"\u003cp\u003e Tras Non é unha caixa, un novo álbum de Antoinette Portis sobre o valor da creatividade, a colaboración e o traballo en equipo. O pequeno coello quere construír unha cidade de cartón. Amorea unha caixa enriba doutra e non quere axuda de ninguén: nin da alta xirafa nin das pequenas e fortes formigas, nin sequera do camaleón, excelente pintor. Pero que é unha cidade de cartón sen amigos Escrito e ilustrado coa mesma encantadora simplicidade que fixo de Non é unha caixa un éxito internacional, as imaxes de Antoinette Portis, compostas por figuras debuxadas a man e anacos de caixas recicladas de diversos tamaños, están cheas de detalles: edificios de equilibrios imposibles, ringleiras de pequenas formigas que transportan caldeiros de pintura, rechamantes cores a medida que o cartón se pinta, se corta e se pega formando un divertido conxunto urbano... Finalmente, a miña cidade convértese en a nosa cidade!, na que todos os veciños construtores saúdan dende as xanelas. Un álbum que pon de novo en valor a creatividade infantil e as infinitas posibilidades de xogo cunhas simples caixas de cartón fronte aos actuais e sofisticados xoguetes electrónicos. Unha historia que enxalza a amizade, a solidariedade e o traballo creativo en equipo. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNúmero de páginas:\u003c\/strong\u003e 40\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAño de edición:\u003c\/strong\u003e 2025.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEditorial:\u003c\/strong\u003e  KALANDRAKA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eIdioma:\u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eAutor:\u003c\/strong\u003e  Portis, Antoinette \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEAN:\u003c\/strong\u003e  9788413433684 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eCódigo interno:\u003c\/strong\u003e 1037224\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54885544755524,"sku":"9788413433684","price":14.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978841343368.jpg?v=1749508801","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/non-e-unha-caixa-e-unha-cidade","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}