{"product_id":"noites-de-safari","title":"NOITES DE SAFARI","description":"\u003cp\u003e Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias;como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío. Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 296\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2018.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Malone, Marleen \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788491213031 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 591908\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47350246408516,"sku":"9788491213031","price":20.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978849121303.jpg?v=1740056559","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/noites-de-safari","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}