{"product_id":"nas-catacumbas","title":"Nas catacumbas","description":"\u003cp\u003e Xavier Alcalá recupera para a novela galega unha parte da nosa historia recente, e faino dende o punto de vista dunha das minorías relixosas máis esquecidas, a dos protestantes galegos. Logo da publicación de Entre fronteiras, primeira parte da triloxía, coa que cubría o período da Segunda República e da guerra, Nas catacumbas iníciase co remate da contenda e prosegue durante os anos corenta. Unha época marcada polo estraperlo, a guerrilla antifranquista, a presenza dos nazis en Vigo ou as brutalidades dos fascistas na persecución de protestantes e fuxidos. A través dos ollos do protagonista, un protestante que logo de loitar na fronte bélica tenta recuperar unha vida normal sen renunciar á súa relixión, Alcalá traza con man firme o relato novelesco dunha realidade histórica inesquecible, Nas catacumbas configúrase dese xeito como a novela da posguerra, un período pouco presente na narrativa galega contemporánea e que nesta obra adquire unha presenza contundente. Xavier Alcalá anuncia xa a conclusión da súa trioloxía narrativa coa que será a terceira entrega, a novela que se titulará Unha falsa luz. Cada unha das tres novelas do ciclo mantén unha autonomía considerable, sen perder a coherencia dunha obra pensada para relatar as vicisitudes dun grupo humano con características propias, o dos evanxélicos galegos. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 424\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2005.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  GALAXIA \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Alcalá, Xavier \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788482888026 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 35097\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47241867854148,"sku":"9788482888026","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848288802_aa402f1a-be59-43f5-af56-e73623a2cfb0.jpg?v=1739520082","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/nas-catacumbas","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}