{"product_id":"nacionalismo-e-imperialismo","title":"NACIONALISMO E IMPERIALISMO","description":"\u003cp\u003e Nacionalismo e Imperialismo(e outros escritos ).\"Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dosseus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restriciónalgunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantescircunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. Éiste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste ocaso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non;máisenfáticamente. íNON!\".O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por JamesConnolly no Worker\\\\\\\\\\'s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abrildese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámasea República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Naloita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso.Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhasangarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nasxornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente donacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran1.351 compatriotas seus.James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados,Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran natrapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista \"radical\", tiñadaquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano:unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto.Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante,en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañounoa pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualificade arrogante -ou mesmo provocadora-- ou de antiga farsa, a actitudeduns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e ovoto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logoXosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 118\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  James Connolly \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484873846 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 585952\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54303305204036,"sku":"9788484873846","price":11.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487384.jpg?v=1740050352","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/nacionalismo-e-imperialismo","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}