{"product_id":"musica-para-dias-de-inverno","title":"Música para días de inverno","description":"\u003cp\u003e Nesta novela técense dúas historias persoais que se enguedellan inevitablemente coma o bruar dunha melodía intimista, ergueita dun xeito doce e acre ao tempo.O rexoubo dun soño a pique de esmorecer e a esperanza dunha nova vida, secundada polas inevitables ansias dun progreso negado pola posguerra e a represión, viste de lembranzas ás palabras que toman o protagonismo nestas páxinas.A música eríxese coma unha especie de leitmotiv que soa de fondo, versando sobre á prohibición por parte das férreas tesoiras da censura de determinados estilos como o jazz provinte de latitudes norteamericanas, chegando a considerar os seus ritmos como algo propio da poboación afroamericana e polo tanto, unha música propia do mesmo demo.A deslexitimización do emprego do idioma galego no ensino por parte de franquismo ou a actividade incesante producida nalgunhas vilas galegas, coa explotación do cobizado volframio para abastecer ao réxime nazi durante a Segunda Guerra Mundial, tamén se converten en pezas esenciais do crebacabezas no que por veces semella converterse este relato. A memoria histórica e a dignidade das persoas que foron represaliadas polo torgo das súas ideas, son postas en valor a xeito de sentida homenaxe, nunha narración onde a historia e o presente se conxugan nestas páxinas nas que aniña a intriga. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 118\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  LAIOVENTO (IBD) \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Pablo Nogueira \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788484874812 \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Código interno: \u003c\/strong\u003e 721260\u003c\/p\u003e","brand":"Librería MATRIX ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":54323721503044,"sku":"9788484874812","price":14.96,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/files\/978848487481.jpg?v=1740335230","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/musica-para-dias-de-inverno","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}