{"product_id":"millo-verde","title":"Millo verde","description":"\u003cp\u003e Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por quen?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno. Este é o arrinque argumental de Millo verde, a nova novela de Xosé Fernández Ferreiro. Unha narración que ten un sorprendente e inesperado desenlace, que non mitiga un drama social que se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes. Novela de enfoque realista, construída minuciosamente como unha narración de intriga, Millo verde engaiola ao lector na esculca da verdade sobre un terrible suceso. O papel dos medios de comunicación, as investigacións policiais e xudiciais, ou as reaccións da comunidade educativa contrapuntean nesta novela inquedante co sufrimento dunhas víctimas sometidas a aldraxe e a dor do seu inferno. Millo verde constitúe unha valente denuncia da hipocrisía dunha sociedade que procura culpables inmediatos para agachar as súas doenzas máis profundas. \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Número de páginas: \u003c\/strong\u003e 176\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Año de edición: \u003c\/strong\u003e 2002.0\u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Editorial: \u003c\/strong\u003e  XERAIS \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Idioma: \u003c\/strong\u003e  GLG \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e Autor: \u003c\/strong\u003e  Fernández Ferreiro, Xosé \u003c\/p\u003e\u003cp\u003e \u003cstrong\u003e EAN: \u003c\/strong\u003e  9788483028247 \u003c\/p\u003e","brand":"Arnoia","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":47242884940100,"sku":"88690","price":19.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0753\/7675\/5012\/products\/978848302824.jpg?v=1697826321","url":"https:\/\/libroseducacionfinanciera.com\/products\/millo-verde","provider":"libroseducacionfinanciera.com","version":"1.0","type":"link"}